CPI de Mondariz

INFORMACIÓN PARA OS PAIS E NAIS

Posted on: Xaneiro 18, 2012

A FRANQUEIRA:Por erro o Concello deunos mal a data da Franqueira: non será o 21 ,senón o 28 de maio.

TRANSPORTE ESCOLAR: Presentada reclamación perante o inspector de transporte en relación cos continuos retrasos do autobús da ruta de Mouriscados, esperamos ter unha resposta a próxima semana.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES:

Festival de Nadal: Están pendentes de colgar no blog do Centro as fotos do festival, que estamos a revisar. Hai alumnos/as que non teñen autorizado o uso da súa imaxe, o cal implica escoller fotos onde non estean ou esvaecer  as súas caras nas que si aparecen. Leva algo de tempo.

Día da Paz e Entroido: Como cada curso realizaremos actividades para celebrar o Día da Paz e o Entroido. Informarémosvos detalladamente chegado o momento.

Actividades fóra do horario lectivoque se están levando a cabo nas instalacións do Centro durante este curs

  • Por iniciativa do centro
    • Programa de Mellora do Éxito Escolar(PROA)
    •  Apertura da biblioteca todas as tardes , de martes a venres,de 16:00 a 18:00 horas, para o uso dos alumnos.
  • Organizadas pola ANPA
    • Inglés
  • En colaboración co Concello / Servizos Sociais
    • Obradoiro de teatro
    • Obradoiro de técnicas de estudo

O COMEDOR ESCOLAR:

  • Notable melloría do alumnado tanto en comportamento como na súa actitude cara á comida, salvo contadas excepcións.
  • A invitación para que os pais e nais veñan a probar a comida segue en pé. Os que xa viñeron opinan que a comida está boa.
  • Xa hai máis sopas e potaxes no menú, seguiremos a traballar para adaptalo o máximo posible ó noso alumnado.

Para calquera cuestión sobre o comedor contactar coa directora

TABOLEIRO DE ANUNCIOS PARA PAIS E NAIS: Na entrada do Centro hai un taboleiro de anuncios especialmente pensado para vos. Non deixedes de botarlle unha ollada de cando en cando e se queredes copia dalgún dos documentos alí expostos, pedídea en secretaría.

FALTAS DE RETRASO E ASISTENCIA:  Recordade que os alumnos/as que cheguen tarde deben pasar por secretaría para cubrir o parte de retraso. Tamén as faltas de asistencia han de xustificarse co correspondente impreso.

OBRAS E REPARACIÓNS:

  • Reposición de dúas pezas da caldeira de calefacción do ximnasio( a cargo do Concello)
  • Instalación Eléctrica: Realizada a revisión, hai que facer reparacións  que aínda están pendentes. Correspóndelle ó Concello.
  • Deficiencias nas obras do edificio de infantil: mal funcionamento da calefacción e mal funcionamento do desaugue dos baños. Correspóndelle a Unidade Técnica da Consellería de Educación.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

00_azul EUROPA png
bibliotecasescolares
Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Comentarios recentes

MARIA en FIN PRIMER TRIMESTRE
borja en DE MONDARIZ A MANZANEDA PASAND…
Elvira Faro Carrera en BASKET SOLIDAIRE
Tere Nogueira Almofr… en FESTIVAIS FIN DE CURSO
Adan Ramos en NA SÚA MEMORIA
%d bloggers like this: